Thursday 02 de May de 2024

A Consellería de Medio Ambiente emenda unha vertedura de xurros en monfero no contorno do Parque Natural das Fragas do Eume


Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) confirmaron que esta contaminación procedía dunha explotación gandeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertedura de xurros na zona coñecida como O Val de Xestoso, no Concello de Monfero, na contorna do parque Natural das Fragas do Eume. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) confirmaron que esta contaminación procedía dunha explotación gandeira.

A aportación foi detectada no transcurso dunha das diferentes inspeccións realizadas por parte dos técnicos de Augas de Galicia, comprobando que as dexeccións e excrementos xerados na explotación non eran recollidos, polo que se vertían directamente á estrada pública, nunha zona próxima ao rego da Cova, un pequeno regato que conforma un dos múltiples afluentes do río Eume nesta zona.

Tras a detección da vertedura, o persoal inspector de Augas de Galicia requiriulle aos propietarios a eliminación da aportación e a correcta xestión dos xurros xerados, polo que, finalmente, os titulares procederon a instalar unha fosa de recollida, para, posteriormente, xestionalos como abono orgánico nos terreos gandeiros próximos, atendendo deste xeito os requirimentos efectuados pola Administración Autonómica